Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 337

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (198/1997-V).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co nº 198/1997-V se tramitan autos de xuízo de faltas por roubo, e nos seus autos acordouse citar a Luis García González e Luis Manuel Domínguez Muñomel para que comparezan na sala de audiencias número catro deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza-polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela), o vindeiro día seis de marzo ás doce corenta horas, co fin de asistir como denunciados á celebración do xuízo, debendo comparecer provistos dos seus DNI e, se fosen parte, cos medios de proba dos que tenten valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixesen, lles pararán os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lles sirva de citación en forma ós expresados demandados e para a súa publicación no tabo

leiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

10557