Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 337

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (314/1997-3).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de desafiuzamento por falta de pagamento, número 314/1997-3, promovidos por José Corujo Antelo, José-Javier Corujo Tarrío e Antonio Corujo Tarrío, contra Manuel Crespo Nieto, sobre resolución de contrato de arrendamento de local de negocio. Por medio da presente cédula, cítase a Manuel Crespo Nieto co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día 19 de xaneiro, ás 10 horas, e para o seu efecto deberá concorrer cos medios de proba dos que tente valerse, baixo apercibimento de que de non comparecer recaerá sobre el na súa rebeldía o prexuízo ó que houbese lugar en dereito, conforme o artigo 729 da Lei de axuizamento civil. De conformidade co disposto no artigo 1563 da Lei de axuizamento civil apercíbeselle de que para que poida acordarse a enervación da acción de desafiuzamento deberá realizarse antes da celebración do xuízo o pagamento ou consignación das cantidades na inefectividade do cal se sustenta a

demanda e das que no dito instante deba. Deberá comparecer representado por procurador e asistido de letrado.

E para que lle sirva de citación en forma ó demandado e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 4 de decembro de 1997.

O secretario

Rubricado

10543