Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da U.E. I-9 Camelias (expediente 4386/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 21 de novembro de 1997,

acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.A. I-09 Camelias, conforme a documentación presentada por Atlas Park, S.A., e redactado polo arquitecto José E. López Santander, e visado polo COAG con datas do 26 de xuño de 1996 e 24 de setembro de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 9 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

0018