Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 287, con data do 16-12-1997, insírese edicto sobre convocatoria e bases da oposición para cubrir unha praza de persoal de oficios, subescala de servicios especiais, escala de Administración especial, vacante no cadro de persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE, no que se fará referencia á publicación das bases e convocatoria no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

San Cristovo de Cea, 7 de xaneiro de 1998.

José Luis Valladares Fernández

Alcalde

10377