Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/373-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Xubia.

Situación: Neda.

Características técnicas: L.M.T. aérea núa D.C. a 20 kV de 0,015 km con orixe na torre existente e final no apoio paso aéreo-subterráneo proxectado, en conductor LA-110/116,2 mm sobre apoio metálico. L.M.T.S. D.C. a 15/20 kV de 1,183 km con orixe no apoio paso aéreo-subterráneo proxectado e final no C.T. Empedrón, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. Reforma do C.T. Coto, 15.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10351