Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/348-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Picheira-Senra.

Situación: Ortigueira.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,06 km con orixe en apoio s/n da L.M.T. Pravio Pol-Couce das Taugas (expediente 9896) e final no C.T. Picheira, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,036 km con orixe en apoio s/n da L.M.T. Ermo-Pimpín-Insua (expediente 19911) e final no C.T. Canabas, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA 20000/380-220 V en Picheira. C.T. de 50 kVA 20000/380-220 V en Cabas. L.B.T. aérea de 0,812 km con orixe no C.T. Picheira, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. de 0,74 km con orixe no C.T. Canabas, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 0,861 km con orixe no C.T. Cocheiras, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10331