Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Amil e O Carril, con anexo: V-3154; XG-353, por substitución da concesión: V-3154; XG-353, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 2 de decembro de 1997, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Benito Abalo Rivas, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Amil e O Carril, con anexo: V-3154; XG-353, por substitución da concesión: V-3154; XG-353, de igual denominación, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Amil, Moraña (Santa Lucía), entroncamento de César (N-640), Caldas de Reis, Portas, Lantañón, Vilanoviña, Vilagarcía de Arousa e O Carril.

-Entroncamento de César (N-640), César, Reirís, Aboi, Souto, Asar e San Clemente.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre O Carril e Vilagarcía de Arousa, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Santa Lucía de Moraña e Amil, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Vilanoviña e Vilagarcía de Arousa, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Caldas de Reis e Reirís, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Aboi e Souto, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo para Caldas de Reis e viceversa.

II. Expedicións e calendario.

Caldas de Reis-Portas-Vilagarcía de Arousa-O Carril (20,5 km).

-Tres expedicións de ida e unha de volta os días laborables.

-Unha expedición de ida e volta os martes non festivos.

-Unha expedición de ida e volta os sábados non festivos.

Amil-Moraña-Caldas de Reis-Portas-Vilagarcía de Arousa-O Carril (34,5 km).

-Unha expedición de ida e dúas de volta os días laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados non festivos.

Amil-Moraña-Caldas de Reis (13,5 km).

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

San Clemente-Asar-Souto-Reirís-Caldas de Reis-Portas (11,1 km).

-Unha expedición de ida e volta os días laborables.

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,9139 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,6078 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,4870 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1997.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

113