Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ourense e Ourense por Tamallancos, O Carballiño, Ribadavia e Barbantes, con anexos: V-7043; XG-417, por substitución e unificación das concesións: V-0241; XG-011, entre O Carballiño e Cea; V-0573; XG-037, entre Ourense e Oseira; V-0728; XG-049, entre Ourense e Ourense por Amoeiro; V-1161; XG-069, entre O Carballiño e O Irixo, con anexos; V-1192; XG-071, entre Ourense e Valdepereira, e V-1859; XG-133, entre Ourense e O Carballiño por Ribadavia.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 27 de outubro de 1997,

resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Auto Industrial, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ourense e Ourense por Tamallancos, O Carballiño, Ribadavia e Barbantes, con anexos: V-7043; XG-417, por substitución e unificación das concesións: V-0241; XG-011, entre O Carballiño e Cea; V-0573; XG-037, entre Ourense e Oseira; V-0728; XG-049, entre Ourense e Ourense por Amoeiro; V-1161; XG-069, entre O Carballiño e O Irixo, con anexos; V-1192; XG-071, entre Ourense e Valdepereira, e V-1859; XG-133, entre Ourense e O Carballiño por Ribadavia, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios.

-Ourense, Cudeiro, Gustei, Cambeo, Tamallancos, Sobreira, Biduedo, Casasnovas, Fondo de Cea, San Facundo, Ariz, Reverencia, Seoane, O Carballiño, Torrón, Porto de Eguas, Gomariz, Leiro, Vieite, San Cristovo, Ribadavia, Valdepereira, Xubín, Razamonde, Laias, Barbantes, Barbantiño, Santa Cruz, Untes, Quintela e Ourense.

-O Carballiño, Madarnás, Guimarás, Dadín, Laxas, Abanico, Lama, Cusanca e Lama.

-Abanico e O Irixo.

-Laxas e A Ermida.

-Fondo de Cea, Cea, Cotelas, Piñor, Fontelo, O Reino, Grobas e Devesa.

-Cotelas, Freás, Oseira, Aspra, Confurco, Pobadura, Couso, Barrio, Senra, Riobó e Rodeiro.

-Casas Novas, Pereda, Souto, Mandrás, Vilaseco e Biduedo.

-Yamallancos, Souto, Amoeiro, Parada, A Poboanza, Trasalva e Santa Cruz.

-Parada, Santabaia, Costa do Monte e Amoeiro.

-Ourense, Vilar, Madrosende, A Caveanca, Arcos, Fontefría, Cerval, Figueiras, Sanxiago, O Pereiro, Pradobó, Palmés, Castro e Quintela.

-Razamonde, Eiras, Las, Salamonde, O Cruce, San Amaro e Cenlle.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Quintela e Castro, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Grobas-O Reino para O Carballiño e viceversa.

-De e entre Rodeiro e Senra, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións e calendario.

Rodeiro-Fondo de Cea-O Carballiño-O Irixo (45,9 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables. Esta expedición fará enlace en Cea para Ourense coa que vén de Devesa.

Ourense-Fondo de Cea-Oseira-Rodeiro (48,9 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Ourense-O Carballiño por Ribadavia (50 km).

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Devesa-Cea-Mandrás-Biduedo-Cambeo-Ourense (41,8 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Ourense-Cambeo-Cea-O Carballiño (35 km).

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

O Carballiño-A Ermida (15 km).

-Dous expedicións de ida e volta os días 16 e último de cada mes, feira no O Carballiño. Os martes e xoves a expedición O Carballiño-O Irixo desviarase á Ermida.

O Carballiño-Cusanca (17 km).

-Dúas expedicións de ida e volta os días 16 e último de cada mes, feira no O Carballiño. Os luns, mércores e venres a expedición O Carballiño-O Irixo desviarase a Cusanca.

Ourense-Trasalva por Tramallancos e Amoeiro (25 km).

-Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

O Carballiño-O Irixo (13 km).

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

O Irixo-O Carballiño-Cea-Cambeo-Ourense (48 km).

Ourense-Ourense, por Quintela, O Pereiro, Fontefría, A Caveanca e Vilar (36,3 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

IV. Tarifas:

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,5212 pesetas.

Tarifa usuario: 10,1877 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVA): 1,4281 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1997.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

111