Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 299

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 18 de decembro de 1997 pola que se modifica a do 4 de novembro de 1996 pola que se establece o baremo para a autorización de novas oficinas de farmacia.

Por Orde de 6 de outubro de 1997 engadiuse un parágrafo ó final do artigo 2 da Orde do 4 de novembro de 1996, relativo á forma de acreditación do exercicio como farmacéutico rexente, substituto ou adxunto, no que se esixe a certificación da toma de posesión.

Ante a constatación de que nos últimos anos non sempre se produciu en tódalas provincias e comunidades autónomas a dilixencia de toma de posesión referida, procede modifica-lo referido parágrafo, co fin de posibilita-la utilización polos interesados doutros medios probatorios lexítimos.

Por todo o anterior, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 1/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o parágrafo final do artigo 2 da Orde do 4 de novembro de 1996, que fora engadido pola Orde do 6 de outubro de 1997, que pasará a te-la seguinte redacción:

O exercicio como farmacéutico rexente, substituto ou adxunto deberá acreditarse mediante a correspondente certificación de cotización expedida pola Seguridade Social, xunto coa certificación da toma de posesión expedida pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Excepcionalmente, cando o interesado achegue certificado da delegación correspondente acreditativo da non constancia da toma de posesión, a certificación de cotización á Seguridade Social poderá ir xunto con calquera outro documento que acredite fidedignamente o dito exercicio profesional.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

9