Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 285

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 485/1997, do 12 de decembro, polo que se nomean vocais do Consello de Administración do Ente Público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público, segundo dispón o artigo 7 da Lei 5/1994, do 29 de novembro. A devandita previsión legal ten o seu desenvolvemento regulamentario no artigo 10 do Decreto 227/1995, do 20 de xullo

Consonte o disposto nos citados textos normativos existirán tres vocais en representación das administracións locais nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público, os que exercerán o seu cargo nas condicións e no prazo regulamentariamente establecido.

Neste sentido, o número 8 do artigo 10 do Decreto 227/1995 establece que os vocais representantes das

administracións locais desempeñarán o seu cargo durante catro anos, agás entre outras causas, proposta de cesamento emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións ou organismos que produciron o nomeamento. É así como por iniciativa da Federación Galega de Municipios y Provincias se modifica a designación de suplentes dos representantes titulares e se cambia a representación da provincia costeira de Pontevedra.

Polo exposto, e de acordo co procedemento previsto no artigo 10 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento do Ente Público Portos de Galicia, por proposta do seu presidente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento do vocal do Consello de Administración do Ente Público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Pontevedra, Purificación Álvarez Álvarez, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 2º

O cesamento do vocal suplente pola provincia da Coruña, Jesús Barrientos Antelo, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 3º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do Ente Público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Pontevedra, Augusto Casal Sánchez.

Artigo 4º

O nomeamento como vocal suplente pola provincia da Coruña, Alberto Blanco Rodríguez.

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Terrritorial, Obras Públicas e Vivenda

97-0019