Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 285

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de decembro de 1997 pola que se crean e regulan as xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario.

Advertidos erros na dita orde publicada no DOG número 244 do xoves 18 de decembro, procede face-la seguinte corrección:

-Na páxina 12.181 artigo 2º, onde di: «As xuntas provinciais integradas polo delegado/a provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a, dous inspectores/as de Educación, e como vocais os directores/as de centros públicos de ensino non universitario da provincia que resulten elixidos/as, no número que se establece no apartado primeiro desta orde.», debe dicir: «As xuntas provinciais integradas polo delegado/a provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a, dous inspectores/as de Educación, e como vocais os directores/as de centros públicos de ensino non universitario da provincia que resulten elixidos/as, no número que se establece no artigo 4º desta orde».

10394