Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997 pola que se publica a contratación da subministración de marquesiñas con destino ás parroquias do rural.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que trámita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

A) Descrición do obxecto: a subministración de marquesiñas con destino ás parroquias do rural.

B) Lugar de entrega: nave-taller de Campañó.

C) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo dun mes desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 2.940.600 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE:

5. Garantías:

A) Provisional: 58.800 ptas.

B) Definitiva: 117.600 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono (986) 80 43 00. Fax 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 9ª do prego.

C) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.

D) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación ás 8.30 horas do primeiro mércores seguinte hábil o da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

D) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 9 de decembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral