Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das admi

nistracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Concello de Ourense.

B) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.

C) Número de expediente: 342/1997.

2. Obxecto do contrato:

A) Tipo de contrato: de obra.

B) Descrición do obxecto: contratación do proxecto e execución das obras de melloras na Edar de Reza (Ourense).

C) Lote: único.

D) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 28 de xuño de 1997, DOG do 3 de xullo de 1997 e BOE do 3 de xullo de 1997.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

A) Trámite: ordinario.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 360.000.000 de ptas.

5. Adxudicación:

A) Data: 27 de novembro de 1997.

B) Contratista: Aquagest, S.A.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe da adxudicación: 358.963.973 ptas.

Ourense, 4 de decembro de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

10428