Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 9 de decembro de 1997, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a proposta de resolución referente ó expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á sociedade Engordes Comerciales Marinos, S.A.

Tendo en conta que a proposta de resolución que a continuación se transcribe, lle foi remitida ó interesado ó 20-10-1997, e devolta polo servicio de correos, sinálase o motivo de devolución como ausencia do destinatario do seu domicilio, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), ponse en coñecemento da sociedade Engordes Comerciales Marinos, S.A. con último domicilio coñecido en Couto de Abaixo, Castrelo-Cambados (Pontevedra), a seguinte:

Proposta de resolución que se formula para actuar conforme o disposto no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia en relación coa concesión administrativa outorgada a Ibergaliza, S.A. por Orde do 29 de maio de 1985 e na actualidade

de Engordes Comerciales Marinos, S.A. por cambio de dominio autorizado ó 13-12-1990 (DOG do 11-1-1991) para a explotación do seguinte establecemento:

Establecemento: granxa mariña.

Especies autorizadas: rodaballo.

Localización: Bico da Ran-Castrelo-Cambados.

Data da concesión: 29-5-1985 (DOG nº 119).

Remate da vixencia: 29-5-1995.

Ó resultar que con data 13-10-1997 foi ordenada pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra a incoación do expediente de caducidade da devandita concesión por incumprimento das normas que regulan o título da concesión e levar inactiva a granxa mariña un tempo superior a dous anos.

Ó resultar que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor lle foi remitido ó interesado o 20-10-1997, sendo devolta a notificación polo servicio de correos.

Ó resultar que con data 20-11-1997 foi publicada no DOG e o 18-11-1997 exposto no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido da Sociedade Engordes Comerciales Marinos, S.A. a iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario no dito expediente, sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso.

Ó considerar que o expediente se tramitou de conformidade co disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ó considerar que segundo informe dos biólogos da Delegación Territorial de Pontevedra de 10-7-1996 o establecemento non se encontraba en explotación, encontrándose as naves en estado de semiabandono, sendo esta a causa de caducidade das consideradas nos artigos 56.3º e 72 a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31-5-1993), de pesca de Galicia.

Ó considerar que en virtude das facultades que lle confire a Lei 6/1993, de pesca de Galicia, é competencia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a adopción da resolución axeitada.

Vista a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), a Lei 6/1993, de pesca de Galicia, do 11 de maio, (DOG do 31-5-1993), a Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, o Real decreto 147/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG do 20-1-1994),

polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais disposicións aplicables ó caso.

Proponse que se declare a caducidade da concesión administrativa outorgada a Ibergaliza, S.A. por Orde do 29 de maio de 1985 e transferida, por cambio de dominio do 13-12-1990 (DOG do 11-1-1991) a Engordes Comerciales Marinos,S.A.

Notifíqueselle esta proposta de resolución ó interesado, indicándoselle que o expediente está á súa disposición nesta delegación territorial, para o seu exame e alegacións durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir da sua publicación no DOG e no taboleiro de anuncio do concello, do último domicilio coñecido da sociedade suxeita a expediente de caducidade.

Vigo, 9 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra

10415