Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/411-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Oseiro enlace Vilarrodís.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,005 km con orixe na L.M.T. aérea en polígono de Sabón (liña 14) (expediente 27667) e final no C.T. Blasco y paso aéreo subterráneo ós CC.TT. Froxel (expediente 32335) e Vilarrodís (expediente 28871) en conductor LA-110/116,2 mm sobre apoios metálicos. L.M.T.S. a 15/20 kV de 1.094 km con orixe na L.M.T. aérea en polígono de Sabón (liña 14) (expediente 27667) e final no CC.TT. Froxel e Vilarrodís. C.T. de 400 kVA 15000/380-220 V en polígono de Sabón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

82