Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/377-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Manda e Fornís.

Situación: Mazaricos.

Características técnicas: liña L.M.T. aérea despida a 20 kV de 0,634 km con orixe no apio nº 19 da liña L.M.T. Lucín Pino do Val e derivacións, e remata no C.T. de Manda, no conductor LA-56/54,6 mm sobre apios de formigón e chapa. L.M.T. aérea despida a 20 kV de 0,193 km con orixe no apoio nº 3 da liña L.M.T. o C.T. de Manda, e remata no C.T. de Fornís, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 100 kVA a 20.000/380-220 V en Manda. C.T. intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V en Fornís. Liña R.B.T. aérea de 0,3 km con orixe no C.T. de Manda, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,875 km con orixe no C.T. de Fornís, en conductor R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las sías alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10335