Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/381-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio de tensión a 20 kV Palmeira-Corrubedo.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: regulamentación C.T. Muiñeira mediante unha L.M.T. aérea a 20 kV de 0,153 km con orixe no apoio 55 da L.M.T. a C.T.Bretal (expediente 6042) e final no apoio 58-2 da L.M.T. Corrubedo (expediente 6042), en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Muíños. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Olveira. Modificacións necesarias nas instalacións de setenta (70) CC.TT., para adecualos á tensión 20 kV (de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e particulares). R.B.T. aérea de 0,142 km con orixe no C.T. Muíños e Olveira, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10299