Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 09 de xaneiro de 1998 Páx. 214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

O Concello de Cee, en sesión plenaria celebrada o día 9 de maio de 1997, aprobou a oferta de emprego público para 1997. Unha vez publicada no DOG nº 105 con data do 3 de xuño de 1997 e no BOE nº 72 con data do 19 de xullo de 1997.

Esta alcaldía en consecuencia redacta as bases xerais e as específicas das prazas que figuran na citada oferta e que a continuación se transcriben:

Bases xerais:

Convocatoria unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público do Concello de Cee para 1997.

1. Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria unitaria -que se completa coas correspondentes convocatorias específicas a provisión en propiedade das prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego público desta corporación para 1997, segundo se concreta nas ditas convocatorias específicas e mediante o proceso selectivo que nelas se establece en cada suposto.

2. Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte nas probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos referidos todos e cada un deles á data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, conforme o establecido na Lei 7/1993, do 23 de decembro.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación, no caso da praza de persoal laboral.

Para as prazas de funcionarios, ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder daquela en que falten máis de 10 para a xubilación forzosa por idade. O exceso do dito límite non afectará ós funcionarios en propiedade da corporación que aspiran á praza de promoción interna.

O requisito de idade para as dúas prazas de policías locais establécense nas bases específicas.

c) Te-lo título esixido, ou estar en condicións de obtelo, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias. Os títulos requiridos para cada unha das prazas, sinálanse nas convocatorias específicas.

d) Non ter enfermidade ou defecto físico que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que opte. As persoas con algunha discapacidade deberán face-lo constar na solicitude, sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

3. Presentación de solicitudes.

1. As instancias nas que se solicita participar nos respectivos procesos selectivos dirixiranse ó alcalde-presidente do concello, ben directamente, ou a través dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria específica respectiva no Boletín Oficial del Estado.

Para ser admitido, e se é o caso, tomar parte na práctica das probas, os aspirantes manifestarán nas súas solicitudes que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2ª e tamén os que, se é o caso, se esixan na convocatoria específica de que se trate, referidos sempre á data de expiración do prazo sinalado para presentación de instancias, e que se comprometen, no caso de ser propostos para o correspondente nomeamento -no caso de prazas de funcionarios- a presta-lo xuramento ou promesa de acordo co determinado no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

2. Ás instancias uniranse os documentos que seguen:

a) Fotocopia simple do DNI.

b) Xustificante acreditativo do aboamento dos dereitos de exame, na contía que se fixa para cada caso na convocatoria específica.

O aboamento pode efectuar mediante aboamento directo na Tesourería Municipal, por xiro postal ou telegráfico, ou por ingreso na conta bancaria.

Neste caso, deberá expresarse con claridade a quen corresponde o ingreso e a qué convocatoria se atribúe o pagamento. Os dereitos de exame só serán devoltos ós que non fosen admitidos ás probas selectivas por non reuniren os requisitos esixidos na convocatoria.

c) Aqueles documentos que se establezan, se é o caso, nas bases da correspondente convocatoria específica.

4. Admisión dos aspirantes.

1. Terminado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde-presidente dictará resolución, no prazo máximo dun mes, aprobando a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Consistorial, con indicación do prazo de reclamacións nos termos que o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concede ós aspirantes excluídos.

Se houbese reclamacións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución aprobatoria da lista definitiva, que se fará pública na forma anteriormente indicada. Contra esta resolución só cabe, se é o caso, interpoñer recurso contencioso-administrativo.

2. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos nos procedementos selectivos derivados da presente convocatoria unitaria cando a documentación que debe presentar -no caso de supera-lo procedemento selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos esixidos para participar; os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Tribunais cualificadores.

1. Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos designaranse de conformidade co disposto no R.D. 896/1991, do 7 de xullo, que establece as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Admón. local. No caso das prazas de policías locais haberá que aterse tamén o disposto no Decreto 121/1995, do 20 de abril.

2. A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá ós respectivos suplentes e será publicada no BOP e taboleiro de anuncios da Casa Consistorial con -polo menos dous meses- de antelación ó comezo das probas.

3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándollo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal, cando concorran aquelas circunstancias.

4. O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia, cando menos, da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

5. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios, que xulgue oportuno, limitándose estes a presta-la súa colaboración, nas súas especialidades técnicas. Tales asesores, terán voz e non voto.

6. Para os efectos de percepción de asistencias, os compoñentes dos tribunais que actúen nos procesos selectivos, terán as categorías que establece o R.D. 236/1988, do 4 de marzo, actualizadas por Resolución do 22 de marzo de 1993.

6. Comezo das probas e orde de actuación dos aspirantes.

1. As probas non poderán comezar ata transcorridos 2 meses desde a data na que apareza no Boletín Oficial del Estado, o anuncio da convocatoria, un mes antes, como mínimo no comezo dos exercicios anunciarase no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial, o día, hora e lugar en que terá lugar o primeiro deles.

2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo caso de forza maior, debidamente xustificados e apreciados polo tribunal.

Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI ou documento que o substitúa.

3. A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente, farase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando pola letra «Z», conforme o disposto na Resolución do 9 de abril de 1997 (BOE nº 88, do 12 de abril) da Secretaría do Estado para a Administración Pública.

7. Desenvolvemento do proceso selectivo.

1. Nas convocatorias específicas que completan a presente convocatoria unitaria, concrétase o contido de cada proba, a súa forma de desenvolvela, sistema de cualificación dos exercicios e os seus correspondentes programas.

2. Os aspirantes poderán realiza-los exercicios, a súa elección, en calquera das dúas linguas oficiais: castelán ou galego.

3. Os exercicios escritos que se celebren poderán ser lidos publicamente, se así o acorda o tribunal.

4. A publicación dos anuncios de celebración do 2º exercicio e sucesivos faraa o tribunal no taboleiros de anuncios da Casa Consistorial.

5. As cualificacións do aspirantes aprobados en cada un dos exercicios publicarase así mesmo no taboleiro de anuncios do concello.

6. Entre o final dunha proba ou exercicio e o comezo da seguinte, deberán transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 45 días.

7. Cando na convocatoria específica non conste expresamente a duración dunha proba ou exercicio, o tribunal decidirá ó respecto, atendendo á súa natureza e características.

8. Cualificación dos exercicios e publicación de resultados.

1. A cualificación de cada exercicio, efectuarase sumando as puntuacións outorgadas por cada membro do tribunal -cos límites que establecen as bases específicas e dividindo polo número de membros.

2. Os sistemas de cualificación de cada proba sinalaranse nas respectivas convocatorias específicas.

3. Terminada a cualificación dos exercicios, o tribunal publicará por orde a puntuación final especificándoa numericamente. En ningún caso, o número de aspirantes aprobados poderá supera-lo número de prazas convocadas.

4. O tribunal non poderá declarar que superaron as probas selectivas, nin que aprobaron un número maior de aspirantes que prazas convocadas.

5. Calquera proposta de aprobados, de nomeamento ou de formalización de contrato que contraveña o anteriormente establecido, será nula de pleno dereito.

6. O tribunal elevará a relación de aprobados, xunto coa acta da última sesión, ó alcalde-presidente para os efectos de tramitación do pertinente nomeamento, se se trata de prazas de funcionarios, ou para efectos de formalización de contrato laboral indefinido, se se trata de persoal laboral fixo. A proposta terá carácter vinculante.

9. Presentación de documentación.

1. No prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aspirantes aprobados -que será notificada a cada un deles deberán presentar no rexistro xeral do concello os seguintes documentos:

a) Fotocopia (que deberá presentarse co seu orixinal para a súa compulsa) do DNI ou documento equivalente.

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa) do título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a súa expedición.

c) Declaración xurada de non ser separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública nin acharse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin de estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible ou impida o normal desempeño das correspondentes funcións.

e) Os aspirantes propostos que teñan algunha minusvalía, e así o fixeran constar na súa solicitude, deberán acredita-lo grao de minusvalidez e a súa compatibilidade co exercicio das funcións da praza, mediante certificación expedida polos organismos competentes.

f) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme a lexislación na materia.

g) Declaración xurada de non estar incurso en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos legalmente.

2. Deberán presentarse, ademais, en igual prazo, aqueles documentos acreditativos dos requisitos esixidos nas bases das convocatorias específicas.

3. Se os aspirantes propostos tivesen a condición de funcionarios públicos ou traballadores laborais fixos, ó servicio de calquera Administración pública, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados no seu anterior nomeamento -ou formalización do oportuno contrato-, no caso de persoal laboral debendo en tal caso, presentar certificación do organismo, consellería, corporación local ou ministerio do que dependan.

4. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria, mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

5. Se dentro do prazo indicado, excepto os casos de forza maior, o aspirante proposto non presentase a súa documentación ou non acreditase reuni-los requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, no caso de prazas de funcionarios, ou contratado, se se trata de praza de persoal laboral, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que pudiera incorrerse por falsidade na instancia para tomar parte no proceso selectivo.

10. Nomeamento de funcionarios e toma de posesión.

1. Concluído o proceso selectivo e achegados os documentos solicitados, ou se é o caso, acreditado que se reúnen as condicións esixidas, a alcaldía de acordo coa proposta do tribunal cualificador procederá ó nomeamento dos funcionarios de carreira, os cales deberán tomar posesión no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó que lle sexa notificado o nomeamento, debendo presta-lo xuramento ou promesa de conformidade co establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril.

2. No caso dos aspirantes propostos para as prazas de policía locais, o nomeamento será de funcionario en prácticas, debendo supera-lo curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, antes do seu nomeamento definitivo como funcionarios de carreira. De non supera-lo disto curso en dúas con

vocatorias sucesivas -como máximo- perderán tódolos dereitos ás prazas.

11. Formalización contrato e período de proba.

1. Unha vez presentada a documentación solicitada, ou se é o caso, acreditado que se reúnen as condicións esixidas, a alcaldía-presidencia, efectuará a contratación do aspirante proposto polo tribunal cualificador.

2. Será nula a contratación de quen estea incurso en causa de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

3. A formalización do contrato terá lugar no prazo de 30 días naturais, contados desde o seguinte ó da notificación da proposta do tribunal.

4. Ata que se formalice o contrato e se incorpore ó posto de traballo, o aspirante non terá dereito a ningunha prestación económica, podendo especificarse no contrato o período de proba a que se somete, co alcance previsto no Estatuto dos traballadores.

5. Transcorrido o período de proba o aspirante adquirirá a condición de persoal laboral fixo.

12. Normas finais.

1. A aprobación das bases xerais e específicas e os actos administrativos que se sucedan poderán ser recorridos polos interesados nos casos e na forma prevista na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Para o non previsto nas bases xerais nin nas das convocatorias específicas que completan estas, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; o R.D. 896/1991, do 7 de xuño; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Comunidade Autónoma de Galicia; o R.D. 364/1995, do 10 de marzo, e demais normas de aplicación, disposicións aplicables conforme as regras de prelación establecidas no artigo 134.2º do texto refundido de réxime local (R.D. lexislativo 781/1986) e ademais a disposición final do R.D. 896/1991.

Cee, 18 de xullo de 1997.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente

Convocatoria específica nº 1/1997

Persoal funcionario

1. Clasificación.

Escala de administración xeral; subescala administrativa; categoría: administrativo.

2. Dotación económica.

As retribucións básicas correspondentes ó grupo C do artigo 25 da Lei 30/1984 e demais que acorde a corporación respecto das retribucións complementarias e que se concreten na relación orzamentaria.

3. Sistema de selección.

Concurso-oposición.

4. Titulación esixida.

Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente ou ter dez anos de antigüidade en corpos ou escalas pertencentes ó grupo D deste concello.

5. Número de prazas que se convocan.

Unha (1).

6. Dereitos de exame.

5.000 ptas.

7. Requisitos.

Ademais dos sinalados na base 4ª, os aspirantes deberán ser funcionarios deste concello e ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na subescala de auxiliares da escala de administración xeral deste concello.

8. Funcións e tarefas.

O seleccionado desenvolverá as funcións e tarefas propias do posto de traballo segundo o artigo 169.1º b) do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, así como tarefas de mecanografía, despacho de correspondencia, operacións de cálculo sinxelo, manexo de máquinas e ordenadores; arquivo de documentos e outros similares.

9. Proceso selectivo.

O proceso selectivo desenvolverase en dúas fases:

-Fase de concurso.

Valoraranse os cursiños realizados polo funcionario e a antigüidade na subescala de auxiliar.

-Fase de oposición.

Constará de catro exercicios, os tres primeiros obrigatorios e eliminatorios e o cuarto obrigatorio pero non eliminatorio.

Primeiro exercicio:

Consistirá en desenvolver por escrito durante o tempo máximo de dúas horas, un tema de carácter xeral determinado polo tribunal, inmediatamente antes de realiza-lo exercicio e relacionado coas materias comprendidas no programa anexo, aínda que non se ateña a epígrafe concreto del, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á forma de exposición se refire.

Considerarase especialmente neste exercicio a facultade de redacción e o nivel de formación xeral.

Segundo exercicio:

Consistirá en desenvolver por escrito, en tempo máximo dunha hora, un dos temas do programa anexo. Para tal efecto, o tribunal extraerá por sorteo tres temas, un de cada parte do programa e os aspi

rantes elixirán libremente o que desexen desenvolver, de entre os tres extraídos.

Terceiro exercicio:

Consistirá en desenvolver por escrito, durante un tempo máximo de dúas horas, a redacción dun informe con proposta de resolución sobre un suposto práctico que presentará o tribunal -inmediatamente antes do comezo do exercicio- e relativo ás tarefas administrativas correspondentes ós funcionarios da subescala.

Durante o desenvolvemento desta proba, os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos texto legais, coleccións de xurisprudencia ou libros de consulta dos que acudan provistos.

Neste exercicio considerarase a sistemática da proposta e formulación de conclusións e o coñecemento e acertada aplicación da normativa vixente.

Cuarto exercicio:

De carácter obrigatorio e non eliminatorio, para demostra-lo coñecemento do idioma galego; comprenderá as probas que determine o tribunal, e poderán ser lectura, escritura, traducción directa ou inversa e conversación.

10. Cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición.

A fase de concurso valorarase de acordo co seguinte baremo:

Cursiños realizados: 0,1 puntos por cada 10 horas de cursiños (ata un tope máximo de 3 puntos).

Antigüidade: 0,05 puntos por cada mes traballado para o concello (ata un tope máximo de 7 puntos).

Os exercicios da fase de oposición cualificaranse do seguinte modo:

Cada un dos tres primeiros exercicios cualificarase de 0 a 10 puntos, e serán eliminados os aspirantes que non obteñan un mínimo de 5 puntos.

O cuarto exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos.

A cualificación final estará determinada pola suma aritmética das seguintes puntuacións: puntuación fase de concurso+media aritmética dos tres primeiros exercicios da oposición+nota do 4º exercicio (galego) da oposición.

11. Tribunal cualificador.

A designación nominal dos membros do tribunal cualificador e dos seus respectivos suplentes farase pública na forma establecida nas bases xerais da convocatoria unitaria.

A súa composición será a seguinte:

Presidente: o alcalde-presidente ou concelleiro en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia. Un funcionario técnico do concello. Un funcionario nomeado polo Colexio Oficial de secretarios inter

ventores ou Tesoureiros de entre habilitados de carácter nacional.

Secretario: o do concello ou funcionario que legalmente poida substituílo.

Tódolos vocais deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior ó posto obxecto da convocatoria.

ANEXO I

Programa

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos: territorio, poboación, o poder. Formas do Estado: formas políticas anteriores ó Estado nacional, tradicionais, tendencias actuais.

Tema 2. A división de poderes: fundamento de antecedentes, formulación científica da teoría da división de poderes, a división de poderes e os sistemas políticos, crises da doctrina da división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978: proceso de xestación, consolidación do texto constitucional. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois: principio xeral, concepto, catalogación, estudio dos diversos grupos, garantía dos dereitos e liberdades.

Tema 5. A Coroa: carácter, sucesión e proclamación, funcións. O Poder Lexislativo: as funcións e os órganos, elementos do órgano lexislativo, as Cortes Xerais.

Tema 6. O Goberno: concepto, integración, cesamento do Goberno, responsabilidade, funcións do Goberno, deberes. Administracións do Estado: concepto, regulación.

Tema 7. O Poder Xudicial: concepción xeral, principios da organización xudicial, manifestacións da xurisdicción, órganos xurisdiccionais, o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Tema 8. Organización territorial do Estado: esquema xeral, principios constitucionais, a Administración local, as comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado. Elaboración, significado e contido, reforma, enumeración das comunidades autónomas.

Tema 9. A Administración pública no ordenamento español: concepto e acepcións, a Administración como función e como actividade, elementos, regulación, concepto e clases de órganos, formulación constitucional. A personalidade xurídica da Administración pública: concepto de persoas xurídicas, clases de persoas xurídicas, personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 10. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación: consideracións

previas, enumeración dos principios de actuación da Administración pública, exame de cada un deles.

Tema 11. Sometemento da Administración á Lei e ó dereito: a Administración como obxecto do dereito, formas de sumisión. Fontes do dereito público: enumeración e principios, xerarquía das fontes. A lei: as súas clases.

Tema 12. O regulamento: as súas clases: concepto, fundamento, titular da potestade regulamentaria, clases de regulamentos. Outras fontes do dereito administrativo: o costume, práctica administrativa, os principios xerais do dereito, tratados internacionais, xurisprudencia.

Tema 13. O administrado: conceptos e clases, capacidade e causas modificativas. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas: relacións de colaboración e participación, réxime de cada tipo de relación. O principio de audiencia do interesado.

Tema 14. O acto administrativo: concepto: orixes do acto administrativo, clases. Elementos do acto administrativo.

Tema 15. Principios xerais do procedemento administrativo: concepto, clases de procedementos, orixes e notas do procedemento, normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos: principios xerais, días e horas hábiles, cómputo de prazos, recepción e rexistro de documentos: recepción de documentos, rexistro de documentos.

Tema 16. Fases do procedemento administrativo xeral: as fases do procedemento administrativo xeral, idea dos procedementos especiais. O silencio administrativo: concepto, regulación, obriga de resolver, actos presuntos, certificación de actos presuntos.

Tema 17. A teoría da invalidez do acto administrativo: actos nulos e anulables: invalidez dos actos administrativos, dereito positivo español. Convalidación. Revisión de oficio. Concepto, natureza, límites á revocación, regulación.

Tema 18. Os recursos administrativos. Clases: concepto, clases de recursos, obxecto, fin da vía administrativa, interposición do recurso, suspensión da execución, audiencia do interesado, resolución. Recurso ordinario: obxecto e prazos, motivos, interposición, resolución presunta. Recurso de revisión: obxecto e prazos de interposición, resolución e prazos para esta. Reclamacións económico-administrativas: concepto, órganos da xurisdicción económico-administrativa, procedemento en primeira ou única instancia.

Tema 19. Principios xerais e clases de contratos administrativos: formulación do tema, contrato administrativos, diferencias entre o contrato privado da Administración e o contrato administrativo, clasificación dos contratos administrativos. A selección de contratistas. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 20. A responsabilidade da Administración pública: danos causados pola actividade administrativa ilexítima, danos causados pola actividade lexítima da Administración, a responsabilidade no dereito positivo.

Tema 21. O réxime local español: concepto da Administración local, evolución do réxime local. Principios constitucionais e regulación xurídica: principios constitucionais, regulación legal.

Tema 22. A provincia no réxime local: antecedentes, concepto, caracteres. Organización provincial. Competencias: organización provincial, estudios dos órganos provinciais, competencias. Réximes especiais.

Tema 23. O municipio: evolución, concepto, elementos esenciais, denominación e cambio de nome dos municipios. O termo municipal: concepto, caracteres, alteración de termos municipais. A poboación: concepto, clasificación. O empadroamento.

Tema 24. Organización municipal: concepto, clases de órganos, estudio de cada un dos órganos. Competencias: concepto e clases, lexislación española.

Tema 25. Réxime xeral das eleccións locais: antecedentes, sistema actual: Constitución de 1978 e Lei orgánica 5/1985, do réxime electoral xeral.

Tema 26. Estructuras supramunicipais. As mancomunidades de municipios. As agrupacións municipais. A comarca.

Tema 27. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais: concepto e diferenciacións, evolución histórica. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación: procedemento para as xerais ou específicas, procedemento nas específicas.

Tema 28. A función pública local: ideas xerais, concepto de funcionario, clases de funcionarios. Organización da función pública local: órganos e grupos que a integran, os funcionarios con habilitación de carácter nacional (antigos corpos nacionais), os funcionarios propios das corporacións, adquisición e perda da condición de funcionario, situacións en que poden atoparse.

Tema 29. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais: dereitos, deberes. Incompatibilidades.

Tema 30. Dereitos económicos dos funcionarios. Retribucións básicas. Retribucións complementarias. Dereitos pasivos. A Seguridade Social.

Tema 31. Os bens das entidades locais: concepto. Clases: visión xeral, estudio especial de cada unha das clases de bens, modificación da cualificación xurídica dos bens. O dominio público local: concepto, características, adquisición, utilización, alleamento, estudio especial dos bens comunais. Bens patrimoniais locais.

Tema 32. Procedemento administrativo local: concepto, principios que o inspiran, actuacións que

comprende. O rexistro de entrada e saída de documentos: requisitos na presentación de documentos: carácter e existencia do rexistro, libros que comprende e asentos neles, requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións: comunicacións, notificacións e publicación.

Tema 33. Funcionamento dos órganos colexiados locais: convocatoria e orde do día: réxime de sesións, adopción de acordos. Actas e certificados de acordos: borrador da acta de aprobación, transcrición da acta ó libro. Asinamento da acta, certificados de acordos.

Tema 34. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores: antecedentes, lexislación vixente: texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992. Competencia urbanística municipal: concernente ó planeamento, en canto á execución do planeamento, para intervención no exercicio das facultades dominicais relativas ó uso do solo e cualificación, no que se refire ó mercado do solo.

Tema 35. Instrumento de planeamento: o municipio como principal actor do urbanismo, Plan nacional de ordenación, plans directores territoriais, Plan xeral de ordenación urbana, normas subsidiarias e complementarias, plans parciais, plans especiais, estudios de detalle, os programas de actuación urbanística, otros. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 36. Execución dos plans de ordenación, sistemas de actuación urbanística: execución dos plans de ordenación, sistemas de actuación urbanística. A clasificación do solo: criterio clasificatorio.

Tema 37. Intervención na edificación e uso do solo: consideracións previas, o dereito a edificar, o dereito á edificación, responsabilidade da Administración.

Tema 38. Facendas locais: clasificación dos ingresos: conceptos xerais, potestade tributaria dos entes locais, fases da potestade tributaria, fiscalidade das facendas locais no sistema español, clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais: potestade regulamentaria das entidades locais, tramitación das ordenanzas e acordos, contido das ordenanzas fiscais, entrada en vigor das ordenanzas.

Tema 39. Réxime xurídico do gasto público local: introducción e concepto, clases de gastos, os créditos para gastos, o control e fiscalización da xestión económica e financeira, o Tribunal de Contas, contabilidade e contas.

Tema 40. Os orzamentos locais: concepto, contido do orzamento xeral, anexos do orzamento xeral, estructura orzamentaria, formación e aprobación, entrada en vigor, exercicio orzamentario, liquidación, modificacións orzamentarias.

Convocatoria específica nº 2/1997

Persoal funcionario

Efectúase convocatoria específica para a provisión de dúas prazas de gardas de policía local, de acordo coas presentes bases, que completan as da convocatoria unitaria.

1. Clasificación.

Escala de Administración especial. Subescala: servicios especiais. Clase: policía local. Categoría: garda.

2. Dotación económica.

As retribucións correspondentes ó grupo D do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e demais acordos adoptados pola corporación ó respecto e concretados na correspondente relación orzamentaria.

3. Sistema de selección.

Oposición libre.

4. Número de prazas convocadas.

Dúas (2).

5. Dereitos de exame.

3.000 pesetas.

6. Requisitos específicos.

1. Ademais dos establecidos nas bases da convocatoria unitaria, esíxense os seguintes:

a) Idade: ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder de 30.

b) Titulación: estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

c) Estar en posesión do permiso de conducir das clases A2 e B2.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os homes e de 1,65 as mulleres.

7. Tribunal cualificador.

1. A composición nominal do tribunal -titulares e suplentes-. Farase pública conforme o disposto nas bases xerais da convocatoria unitaria.

A súa composición será a seguinte:

Presidente: o alcalde-presidente ou concelleiro en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia (nomeado a través da Academia Galega de Seguridade). Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico. Un funcionario de carreira da policía local nomeado pola alcaldía.

Secretario: o titular do concello ou funcionario en quen delegue.

Nomearanse, así mesmo, os seus suplentes.

2. Tódolos vocais deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior ó posto obxecto de convocatoria.

8. Sistema de selección.

A selección dos aspirantes farase polo sistema de oposición libre e constará de 2 fases: probas selectivas e curso de formación na Academia Galega de Seguridade, polo período de tempo que determine con carácter xeral o dito organismo.

9. Probas selectivas.

Non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Constarán dos exercicios que seguen:

Primeiro exercicio:

De carácter obrigatorio. Consistirá na medición dos aspirantes e comprobada a estatura mínima esixida, a realización das probas de:

a) Salto de altura, debendo supera-lo aspirante o listón colocado a unha altura de 1,10 m.

b) Salto de lonxitude, debendo supera-lo mínimo de 3,5 m en carreira.

c) Carreira de 60 m lisos nun tempo máximo de 10 segundos.

Para a realización destas probas -excepto a da carreira- permitiranse dous intentos.

A clasificación deste exercicio será a de apto. Serán declarados non aptos os aspirantes que non superen calquera das probas que o compoñen.

Segundo exercicio:

De carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito. Consistirá en tres probas, que se realizarán nun tempo máximo de dúas horas.

a) Exercicio de redacción sobre un tema relativo ás materias do programa anexo, valorándose os coñecementos sobre el, o nivel de formación xeral, a composición gramatical e a claridade de exposición.

b) Resolución de exercicios de aritmética.

c) Redacción dun parte ou informe sobre un suposto práctico que sinala o tribunal relativo ás tarefas da policía local.

Terceiro exercicio:

De carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito. Consistirá en contestar -nun tempo máximo de 1,30 horas, a un cuestionario de 30 preguntas relativas ó temario mínimo do anexo á convocatoria, valoraranse os coñecementos a través da exactitude e claridade das respostas.

Cuarto exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito. Consistirá na traducción do castelán ó galego dun texto que sinale o tribunal nun tempo máximo de 30 minutos.

10. Cualificación das probas.

Os exercicios obrigatorios -a excepción do 4ºserán cualificados de 0 a 10 puntos, quedando automaticamente eliminados os aspirantes, que non obteñan

a nota media de 5 puntos en cada fase das probas. O cuarto exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos.

Os aspirantes que superen as probas selectivas, e que en ningún caso poderán exceder do número de prazas convocadas, realizarán un curso selectivo na Academia Galega de Seguridade.

A puntuación obtida polos aspirantes será a media das puntuacións das probas e o curso. Rematadas as probas, o tribunal propoñerá ós dous aspirantes de maior puntuación, elevando ó presidente do concello a oportuna proposta para o seu nomeamento.

Presentada a documentación por parte dos aspirantes propostos, estes serán nomeados funcionarios en prácticas coas retribucións que legalmente lles correspondan ata a súa incorporación ó curso teórico-práctico que se realizará na Academia Galega de Seguridade.

ANEXO II

Programa

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. A división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. A Coroa.

Tema 2. A organización do Estado. A Administración central e periférica do Estado. Os organismos autónomos.

Tema 3. Organización territorial do Estado: as comunidades autonómas. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4. A Administración local española. A provincia. O municipio. Outras entidades locais. Elementos constitutivos do municipio: poboación, territorio e organización.

Tema 5. O municipio. Competencias. Órganos de Goberno. O Concello de Cee: a súa organización interna, distribución de competencias, situación das súas dependencias.

Tema 6. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria. Especial consideración da potestade regulamentaria municipal: ordenanzas e bandos.

Tema 7. Persoal ó servicio da Administración pública: clases, dereitos, deberes e responsabilidades. Situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 8. O cidadán ante a Administración. Dereitos do cidadán no seu trato co concello. O funcionario ó servicio do público.

Tema 9. Coñecemento do municipio. Principais aspectos urbanísticos da súa historia, xeografía, cultura e festas.

Tema 10. Coñecemento do municipio. Principais aspectos urbanísticos, as súas rúas, monumentos e prazas. Situación dos seus principais edificios públicos.

Tema 11. Normativa de seguridade vial. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo. O código de circulación: concepto, estructura e extensión. Competencias administrativas en materia de tráfico.

Tema 12. Normas de comportamento na circulación. Especial referencia ó réxime de parada e estacionamento. Limitacións na circulación.

Tema 13. Os sinais de circulación. Preeminencias. Clases. Sinais dos gardas de circulación.

Tema 14. Matriculación de vehículos. Permisos de circulación. Duplicados. Transferencias. Circulación en proba e en transportes con permiso temporal. Matrícula turística. Inspección técnica.

Tema 15. Permiso de conducción. Clases. Requisitos para a súa obtención. Revisións. Duplicados. Suspensión. Licencias de conducción.

Tema 16. Condicións técnicas de vehículos para circular polas vías públicas.

Tema 17. Estudio da circulación urbana na normativa de seguridade vial.

Tema 18. Alcolemia. Estudio especial dos preceptos contidos na normativa da seguridade vial.

Tema 19. O transporte de mercadorías perigosas. Concepto e regulamentación especial.

Tema 20. Transporte de viaxeiros e mercadorías: estudios dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade vial e na lexislación de transportes.

Tema 21. A Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade: ideas xerais.

Tema 22. A Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección de seguridade cidadán: ideas xerais.

Tema 23. Primeiros auxilios e socorrismo.

Tema 24. Dereitos e obrigas en materia de protección civil.

Convocatoria específica nº 3/97

Persoal laboral

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral fixa dun asistente social para o servicio social de base do concello.

2. Dotación económica.

A praza ten unhas retribucións anuais de 2.323.152 pesetas, incluídas pagas extraordinarias e crédito suficiente no orzamento.

3. Sistema de selección.

O sistema de selección será a oposición libre.

4. Titulación esixida.

Os aspirantes deberán estar en posesión do título de asistencia social ou diplomado en traballo social.

5. Número de prazas que se convocan.

Unha (1).

6. Dereitos de exame.

6.000 pesetas.

7. Proceso selectivo e fases da oposición.

As probas selectivas constarán de catro exercicios; os tres primeiros obrigatorios e eliminatorios e o cuarto obrigatorio pero non eliminatorio.

Primeiro exercicio: consistirá en desenvolver por escrito nun prazo máximo de dúas horas un tema relacionado coas materias relacionadas na primeira parte do programa que figura no anexo a esta convocatoria, aínda que non se axuste a un epígrafe concreto e que será determinado polo tribunal inmediatamente antes da súa celebración.

Segundo exercicio: consistirá en desenvolver por escrito e durante un tempo máximo de dúas horas, dous temas da segunda parte do programa que figura no anexo, e que serán elixidos inmediatamente antes, polo tribunal a súa celebración.

Terceiro exercicio: consistirá na resolución dun suposto práctico formulado polo tribunal, inmediatamente antes da súa celebración, sobre temas relativos á función da praza a que aspira.

Cuarto exercicio: tendente a demostrar o coñecemento do idioma galego. Comprenderá a proba ou probas que determine o tribunal podendo ser unha traducción do galego ó castelán ou viceversa, nun período máximo de 1.30 horas e sen axuda de diccionario.

Cada un dos exercicios valoraranse ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen o mínimo de 5 puntos en cada un deles.

O cuarto exercicio valorarase de 0 a 5 puntos e a súa puntuación sumarase á obtida nas restantes probas co obxecto de obte-la cualificación final.

8. Tribunal cualificador.

Estará composto así:

Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia. Un representante dos asistentes sociais designado polo seu colexio. Un experto en servicios sociais designado pola alcaldía.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Tódolos vocais deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior ó posto obxecto da convocatoria.

9. Resolución da oposición.

A resolución da oposición e o nomeamento, será realizado polo presidente da corporación no prazo dun mes desde a data da proposta do tribunal cua

lificador. Efectuarase notificación individual ó aspirante proposto para efectos da presentación da documentación e posterior formalización do contrato.

ANEXO III

Programa

Parte primeira.

Tema 1. O concepto da Constitución. A Constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978. Principios informadores. Estructura. A reforma constitucional.

Tema 2. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. A súa garantía e suspensión. A participación social na actividade do Estado.

Tema 3. A Coroa e as súas funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O Defensor do Pobo.

Tema 4. O Tribunal Constitucional. Composición e funcións. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os Tribunais Superiores de Xustiza. O Ministerio Fiscal.

Tema 5. O Goberno do Estado. A súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relacións entre o Goberno e as Cortes.

Tema 6. O ordenamento xurídico administrativo. Fontes de dereito administrativo e a súa xerarquía. Especial estudio do regulamento: concepto, clases. Límites da potestade regulamentaria. As disposicións do executivo con forza de lei.

Tema 7. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto. Suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Eficacia e executividade do acto administrativo. Procedemento da execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidade. Revisión de oficio e revocación dos actos administrativos.

Tema 8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e remate. O silencia administrativo.

Tema 9. Os recursos administrativos, concepto e clases. Requisitos xerais dos recursos administrativos. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recursos ordinarios e de revisión. Breve referencia ó recurso contencioso-administrativo.

Tema 10. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

Tema 11. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías.

Tema 13. As administracións locais. O municipio. A provincia. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

Tema 14. O funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

Tema 15. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Criterios diferenciadores.

Tema 16. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 17. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 18. Provisión de vacantes, selección e contratación de persoal laboral da Xunta de Galicia. Licencias, excedencias, beneficios sociais. Incompatibilidades.

Tema 19. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Capacidade para contratar. Forma. Documentación e proba. O sistema de colocación. As relacións laborais excluídas.

Tema 20. O dereito de representación colectiva do persoal ó servicio das administracións públicas. O dereito de reunión, sindicación e folga. A representatividade sindical: órganos de representación.

Tema 21. As comunidades europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas do sistema comunitario. As institucións comunitarias e o seu funcionamento.

Tema 22. A Acta. Unión Europea. O Tratado da Unión Europea.

Tema 23. O orzamento. Concepto e clases. O orzamento do Estado. A súa estructura. O ciclo orzamentario.

Tema 24. A contabilidade pública: concepto. Contabilidade preventiva, executiva e crítica. Ingresos orzamentarios, créditos orzamentarios e remanentes de crédito. Devolución de ingresos. Contraído, formalización, intervención.

Tema 25. As contas de contabilidade pública. A planificación contable. Plan xeral de contabilidade pública. Ámbito e contido do plan. Obxectivos. Criterios de valoración.

Parte segunda.

Tema 1. A acción social. Concepto e etapas históricas. Política social. O estado de benestar. A crise do estado de benestar. Modelos alternativos.

Tema 2. Política social na UE. A Carta Social Europea. O Fondo Social Europeo. O Plan europeo de loita contra a pobreza.

Tema 3. Marco legal dos servicios sociais: Constitución española, o Estatuto de autonomía, a Lei

de bases de réxime local. A Lei de servicios sociais de Galicia: estructura e contido.

Tema 4. Lei galega de medidas básicas para a inserción social. Antecedentes e fundamentación. Estructura e contido. Normas de desenvolvemento.

Tema 5. O sistema español de Seguridade Social. Lei protectora. Pensións non contributivas. Modalidades. Requisitos.

Tema 6. Fundamentos, principios e funcións do traballo social. O obxecto do traballo social: suxeito, obxecto e contido. Obxectivos, etapas e metas. Niveis de intervención no traballo social.

Tema 7. Proceso metodolóxico no traballo social: correntes metodolóxicas. Proceso metodolóxico na planificación: aproximación á realidade social. Formulación de prioridades. Planificación. Programación. Execución. Valoración.

Tema 8. Técnicas no traballo social: instrumentais, de coñecemento, de intervención, de valoración.

Tema 9. A investigación no traballo social. As necesidades sociais. Tipoloxía, identificación e medida. Obxectivación. Técnicas aplicables. O traballo social como tecnoloxía.

Tema 10. O traballador social como membro dun equipo interdisciplinar: fundamento, funcións, principios básicos como técnico e nos diferentes ámbitos de intervención. Deontoloxía e ética profesional. Os códigos de ética no traballo social en relación co usuario, as institucións e outros profesionais.

Tema 11. Os servicios sociais. Concepto. Os servicios sociais e a Administración pública a nivel estatal, autonómico e local. Organización e competencia. Sistema económico. Cooperación e coordinación.

Tema 12. Servicios sociais de Atención Primaria. Principios que os inspiran e obxectivos. Competencias e organización. Equipamentos e prestacións básicas que garanten. Equipos técnicos. Plan concertado.

Tema 13. Os servicios sociais especializados. Concepto. Competencias e organización. Referencias legais. Equipamentos.

Tema 14. Servicios sociais especializados en institucións. As institucións e a relación coa sociedade. Correntes desistitucionalizadoras. O traballo social nas institucións.

Tema 15. Servicios sociais especializados I: infancia e adolescencia. Normativa reguladora de menores. Lei 21/1987 e desenvolvemento na Comunidade Autónoma; principais modificacións que introduce. Programas de actuación. Equipos do menor; composición, función, e metodoloxía de intervención. Papel do traballador social.

Tema 16. Servicios sociais especializados II: infancia e adolescencia. Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco. O proceso

de intervención ante o maltrato infantil. Prevención, detección e tratamento social. Inadaptación social e conducta delictuosa na adolescencia.

Tema 17. Servicios sociais especializados III: infancia e adolescencia. Institucións para a infancia e a xuventude da Comunidade Autónoma. Problemática do menor institucionalizado.

Tema 18. Servicios sociais especializados IV: familia. Definición do traballo social con familias e grupos. Enfoques e correntes actuais.

Tema 19. Servicios sociais especializados V: muller. Políticas sociais actuais no sector da muller. O papel do traballador social nos servicios sociais de atención á muller en situación de necesidade. A situación en Galicia: problemática, recursos, organización administrativa, a problemática e realidade social no Concello de Cee.

Tema 20. Servicios sociais especializados VI: minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais. A Lei de integración social do minusválido (Lismi). Normas de desenvolvemento. Necesidades e recursos: centros e servicios especializados, acollemento familiar e axuda a domicilio, axudas e subvencións. O papel do traballador social na acción integradora nos niveis laboral, educativo, de lecer e tempo libre.

Tema 21. Servicios sociais especializados VII: vellez. Aspectos sociais do envellecemento. Necesidades sociais e recursos: institucións abertas e pechadas, servicios de apoio, axuda a domicilio e acollida familiar. Datos demográficos e proxección da poboación en Galicia. O traballo social na vellez. A problemática e realidade social no Concello de Cee.

Tema 22. Servicios sociais especializados VIII: drogodependencias. Concepto. Aspectos sociais do drogodependente. Prevención, tratamento e rehabilitación social. Reinserción social. Servicios e recursos. Plan autonómico de drogodependencia. A problemática e realidade social no Concello de Cee.

Tema 23. Servicios sociais especializados IX: minorías étnicas. Características e necesidades sociais. Recursos. Aspectos demográficos. Problemática específica e medidas para a integración social.

Tema 24. Organizacións non gobernamentais. Concepto. Tipos. Sistemas de financiamento. Organización e coordinación coas distintas administracións. A realidade social no Concello de Cee.

Tema 25. Asociacionismo e voluntariado social. Concepto, características e normativa que os regula. Organización. Sistema de financiamento. Organización e coordinación coas distintas administracións (autonómica e local). Novas tendencias no voluntariado social. A realidade social no Concello de Cee.