Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 09 de xaneiro de 1998 Páx. 213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, do servicio de limpeza da sede da Delegación Provincial de Pontevedra deste instituto.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS do 16 de decembro de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa SYMATEC, S.A., por un importe de sete millóns novecentas oitenta e nove mil novecentas trinta e seis (7.989.936) pesetas, IVE incluído, para un prazo de execución de dous anos.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1997.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A.Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

023