1. Entidade adxudicataria.
Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).
Número de expediente: 0002.
2. Obxecto do contrato: servicio de transporte dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.
Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).
Prazo de execución: 16 de febreiro ata o 30 de xuño de 1998 e desde o 5 de outubro ó 13 de novembro de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 3.600.000 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 72.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Academia Galega de Seguridade.
Enderezo: Rúa de Madrid, 2-4.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Teléfono: 56 34 00.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
Entidade: Academia Galega de Seguridade.
Enderezo: Rúa de Madrid, 2-4.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
9. Apertura de ofertas económicas.
Entidade: Academia Galega de Seguridade.
Enderezo: Avda. da Cultura.
Localidade e código postal: A Estrada.
Data: sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Hora: trece horas.
10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1998.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade
10431