Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 09 de xaneiro de 1998 Páx. 210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de manutención dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

Número de expediente: 0003.

2. Obxecto do contrato: servicio de manutención dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

Prazo de execución: 16 de febreiro ata o 30 de xuño de 1998 e desde o 5 de outubro ó 13 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.400.000 ptas. (1.000 ptas./persoa e día).

5. Garantía provisional: 88.800 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 56 34 00.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas económicas.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Avda. da Cultura.

Localidade e código postal: A Estrada.

Data: sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce e media horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

25