Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 09 de xaneiro de 1998 Páx. 210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica o inicio do expediente sancionador, referencia Secretaría 181/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a

continuación se relaciona, o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e con base no artigo 13.2º do devandito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: Secretaría 181/1997.

Denunciada: Mª del Carmen Pazo Patiño.

DNI: 32.245.214.

Último enderezo coñecido: Rúa do Franco 21 Santiago de Compostela.

Cualificación da infracción: leve

Importe da sanción: poderá chegar ata a contía de 500.000 ptas.

A Coruña, 15 de decembro de 1997.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

24