Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 09 de xaneiro de 1998 Páx. 189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 484/1997, do 19 de decembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia duns terreos sitos na Pastoriza (Lugo), para a construcción dun centro público de educación secundaria.

O Pleno da Corporacion municipal da Pastoriza reunido en sesión ordinaria o día 22 de setembro de 1997, acordou a cesión á Comunidade Autónoma de Galicia, dun terreo de 99 áreas e 42 centiáreas, situado na Pastoriza (Lugo), para a construcción dun centro público de educación secundaria.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mismo, os artigos 23.1º da dita lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello da Pastoriza acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dezanove de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun terreo de 99 áreas e 42 centiáreas situado no lugar da Pastoriza (Lugo) que linda ó norte e oeste, con terreos da propiedade municipal do predio matriz da que se segrega; leste, con monte veciñal en man común O Acebreiro; e

sur, con predio cedido ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, para a construcción de vivendas sociais e predio de propiedade municipal.

O inmoble descrito atópase inscrito nese Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 629, folio 76, libro 111, predio número 19899.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción dun centro público de educación secundaria na Pastoriza.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dezanove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

10532