Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto (tramitación anticipada) para a subministración de material de lavado (contrato plurianual) C.P. 106/98.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: material de lavado.

Orzamento: 28.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 560.000 ptas.

Lote 1: deterxentes, neutralizantes, suavizantes, branqueantes, etc., necesarios para o lavado de: 8.500/9.000 kg de roupa o día, 2.600.000/2.750.000 kg de roupa ano.

Orzamento: 28.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 560.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto (tramitación anticipada).

II. Prazo de entrega: segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e, se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguinte ó asinamento do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 40%.

Calidade de lavado e desinfección: 30%.

Tratamento do tecido: 20%.

Servicio técnico: 10%.

Total: 100%.

VI. Documentos de intereses para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan

Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberan presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 26 de decembro de 1997.

Jesús Carames Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

10474