Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto (tramitación anticipada) para a subministración de material cirúrxico (mallas) C.P. 36/98.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de material cirúrxico (mallas).

Orzamento: 17.706.200 ptas.

Garantía provisional: 354.124 ptas.

Lote 1: malla Poliprop. 7,5x15 cm.

Orzamento: 1.749.600 ptas.

Garantía provisional: 34.992 ptas.

Lote 2: malla Poliprop. 30x30 cm.

Orzamento: 1.575.000 ptas.

Garantía provisional: 31.500 ptas.

Lote 3: malla Poliprop. 25,4x35,6 cm.

Orzamento: 342.000 ptas.

Garantía provisional: 6.840 ptas.

Lote 4: duramáter humana 1,5x3, 2x10, 4x10 e 6x14.

Orzamento: 2.885.000 ptas.

Garantía provisional: 57.700 ptas.

Lote 5: Após. hemostático 5x35 e 10x20.

Orzamento: 5.489.100 ptas.

Garantía provisional: 109.782 ptas.

Lote 6: tira ADH. p/feridas 6x75 mm, 6x100 mm e 13x102 mm.

Orzamento: 3.489.300 ptas.

Garantía provisional: 69.786 ptas.

Lote 7: puntos de silicona p/coron.

Orzamento: 1.771.200 ptas.

Garantía provisional: 35.424 ptas.

Lote 8: cera p/Hemost. ósos.

Orzamento: 405.000 ptas.

Garantía provisional: 8.100 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto (tramitación anticipada).

II. Prazo de entrega: segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e, se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguinte ó asinamento do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

VI. Documentos de intereses para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberan presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 26 de decembro de 1997.

Jesús Carames Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

10574