Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/151-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, Pol. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Marco.

Situación: Mesía.

Descricións técnicas: conexión liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 6 m, con orixe na liña Cesuras-Visantoña e final no centro de transformación que se instalará no Marco. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV no Marco, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 525 m. Mesía.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10310