Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 1998 Páx. 173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de novembro de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01638-O-96 e tres máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereitos que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 27 de novembro de 1997.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01638-O-96

V-3027-DF

G.C. Tráfico

DHM Express, S.A.

r/ Oviedo, 1

28830 San Fernando de

Henares (Madrid)

Circular transportando marisco, carecendo de autorización de transportes. Non leva distintivos. Servicio público.

21-10-1996; 16; A-9; 132

Art. 199.b) do R.D. 1211/1990, O.M. do 25 de outubro de 1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199020.000
PO-01711-O-96

C-2593-B

G.C. Tráfico

Moledo Fontán e Hijos, S.L.

A Rasa de Abaixo (aserra-

doiro), s/n

15200 Noia (A Coruña)

Circular transportando un cargamento de codia de madeira, carecendo da correspondente tarxeta de transportes. Servicio privado.

29-10-1996; 11.30; N-550; 94

Art. 199.b) do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01743-O-96

LU-2262-L

G.C. Tráfico

Jaime Varela González

Julián Valverde (Sabarís), 21

36300 Baiona (Pontevedra)

Realizar un transporte de quince barrís de cervexa carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

8-11-1996; 12; A-9; 110

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000
PO-01874-O-96

PO-3393-AG

G.C. Tráfico

Sum Utens Man Come Flosa

Almirante Mato, 16

(Pontevedra)

Transportan plantas, carecendo de tarxeta visado de transportes. Servicio privado.

26-11-1996; 13.15; N-550; 124,100

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000

10311