Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/196-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación módulo de liña 66 kV Sub. Palmeira (liña Frinsa).

Situación: Ribeira (A Coruña).

Características técnicas: ampliación dun módulo de liña a 66 kV na subestación de Palmeira, denominado liña Frinsa consistente en pórtico de estructura metálica soporte de embarrado, con conductor LA-455 (cóndor), con aparamenta, interruptor, seccionadores de liña, barras, trafos de tensión e intensidade. Aparellaxe de telemando, sinalización, protección, control e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10302