Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de decembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a Resolución do 26 de agosto de 1991, do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense.

De conformidade co disposto no artígo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 0747/92 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, do 26 de agosto de 1991, pola que no expediente E.S. OR1/88 se acorda impoñer unha multa de duascentas cincuenta mil unha pesetas (250.001 ptas.) e realizar diveras obras de reparación polas deficiencias observadas na vivenda da rúa Margarita Taboada, nº 15 no Carballiño (Ourense) e pola que con data 18 de xullo de 1985 tivo entrada no rexistro de da Dirección Xeral de Obras Públicas e Urbanismo denuncia, formulada por Jesús Piñeiro González con dominicilio na rúa Margarita Taboada, 15-3º O Carballiño (Ourense), contra o promotor Aser Novoa González; e da que a súa parte dispositivia literalmente di:

«Declarar inadmisible por extemporáneo o recurso de alzada número 747/1992 interposto por Aser Novoa González contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS.) do 26 de agosto de 1991 pola que, no expediente E.S. OR1/88 se acorda impoñer unha multa de duascentas cincuenta mil unha pesetas (250.001 ptas.) e realizar diversas obras de reparación polas deficiencias observadas na vivenda da rúa Margarita Taboada, nº 15 no Carballiño (Ourense).

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992 de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de la Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

10301