Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 117

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a Generosa Fernández Manín. (Praza 16/97).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 13 de febreiro 1997 (BOE do 6 de marzo), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a prol de Generosa Fernández Manín, con documento nacional de identidade número 76.566.399, e cumprindo a interesada os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Generosa Fernández Manín, profesora titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 5 de decembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

10267