Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 110

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de decembro de 1997 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varias prazas vacantes na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

En uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano nº 5, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas sinaladas no artigo 38.4º da la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderán declararse desertos os postos de traballo se se considerase oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior está na mesma localidade có novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, en que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación e logo de comunicarllo a esta Consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

Código

Denominación do posto

de traballo

Centro directivo

Localidade

Corpo ou

escala

Grupo

Nivel

C. Específ.

Formación

PEC020000115770001Subdirección X. de CoordinaciónSecretaría xeralSantiago de CompostelaAdmón. xeralA302.229.1561523

PEC030000015770001SecretariaDirección X. de Recursos MariñosSantiago de CompostelaAdmón. xeralCD18524.5081001

PEC030000115770001Subdirección X. de Marisq. e Ac.Dirección X. de Recursos MariñosSantiago de CompostelaAdmón. xeral/

especial

A302.229.1561523

PEC030000115770005Servicio de Marisq. e Orden. de CaladoirosDirección X. de Recursos MariñosSantiago de CompostelaAdmón. xeral/

especial

AB281.639.104

PEC040000115770001Subdirección X. de Pesca e Industr. PesqueirasDirección X. Estructuras Pesq. e MercadosSantiago de CompostelaAdmón. xeral/

especial

A302.229.1561523

PEC040000115770006Servicio de flota e Sector ExtractivoDirección X. de Estructuras Pesqueiras e MercadosSantiago de CompostelaAdmón. xeral/

especial

AB281.639.104

PEC994020236590001DirectorCentro de Control da Calidade do Medio MariñoVilaxoán (Pontevedra)Admón. especialA261.311.288

PEC991000036560040Servicio de Pesca e Ind. PesqueirasDelegación Territorial de VigoVigoAdmón. xeral/

especial

AB281.639.104

10101