Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 107

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 28 de novembro de 1997 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 1996, pola que se regula a concesión de subvencións para investimentos con destino á promoción de mercados retallistas, zonas peonís-comerciais e outros equipamentos comerciais de carácter social.

A Consellería de Industria e Comercio dictou no ano 1996 a Orde do 27 de decembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións para investimentos con destino á promoción de mercados retallistas, zonas peonís-comerciais e outros equipamentos comerciais de carácter social (DOG nº 14, 22-1-1997).

Na devandita disposición establécese como requisito indispensable para o pagamento da subvención a presentación, antes do 30 de novembro de 1997, da documentación acreditativa do investimento realizado.

Tendo en conta a natureza dos investimentos obxecto de subvención, e que estes supoñen en moitos casos, un longo período na súa realización considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos subvencionados ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 27 de decembro de 1996, ata o 10 de decembro de 1997.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10234