Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. aérea de Viso.
Situación: Val do Dubra.
Características técnicas: L.B.T. aérea de 3,813 km con orixe no C.T.I. Rial Campo, C.T.I. Pazo Rial, C.T.I. Malvares en conductor R.Z: sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 27 de novembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
10287