Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. aérea Folgueira de Abaixo.
Situación: Tordoia.
Características técnicas: L.B.T. aérea de 2,900 km con orixe no C.T.C. Anxeriz-Empalme, C,T.C. Anxeriz e C.T.I. Vilasal, en conductor R.Z: sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 27 de novembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
10286