Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 81

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/125-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que se cita.

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: Avda. Tomé Taboada, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T., C.T. de 50 kVA e R.B.T. no lugar de Porto e Mourelle.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 781 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte

do apoio interior ó C.T. de Mourelle e final no C.T. Porto qure se vai construír de 50 kVA a 15/20 kV-B2. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9306