Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 81

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/124-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: Avda. Tomé Taboada, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. e C.T. no lugar da Illa.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo a 15/20 kV de 590 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Illa I e final no C.T. que se vai construír denominado Illa II de 50 kVA a 15 kV-B2. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9025