Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 75

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO TOGADO MILITAR TERRITORIAL NÚMERO CORENTA E UN DA CORUÑA

REQUISITORIA.

O comandante auditor José Alfredo Fernández Pérez, titular do Xulgado Togado Militar Territorial número corenta e un da Coruña, fai saber que:

Pola presente requisitoria e nas dilixencias preparatorias número 14-13-1007, instruídas por presunto delicto de abandono de destino, cítase e chámase o mariñeiro da Armada Juan Carlos Bel Muñiz, fillo de Fernando e Aurelia, nacido en Xunqueira de Espadanedo (Ourense), o 13-9-1974, DNI número 44.816.315, para que no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte a aquel en que esta requisitoria apareza inserida neste boletín oficial, compareza perante este Xulgado Togado Militar Territorial número corenta e un, praza de San Domingos, s/n, acuartelamento de San Domingos, baixo apercibimento de ser declarado rebelde.

Ó mesmo tempo, prego e encárgolles a tódalas autoridades e forzas de seguridade que, tan pronto como

teñan coñecemento do paradoiro do referido inculpado, procedan á súa captura e posta á disposición deste órgano xudicial.

A Coruña, 10 de decembro de 1997.

O Comandante auditor-xuíz togado

Rubridado

9266