Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 75

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (371/1997).

En virtude do acordado en resolución desta data, dictada no xuízo de testamentaría seguido neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, por falecemento de Juana Rosalía Montoiro Raíces, coa referencia que consta na parte superior, promovido polo procurador Narciso Caamaño Queijo, en nome de María Pérez Montoiro, pola presente cédula son citados os interesados que máis abaixo se dirán para que, no termo de quince días, comparezan no xulgado, representados por procurador e defendidos por letrado, facendo uso dos seus dereitos, e apercíboos de que, se non comparecen, se seguirá o xuízo en rebeldía, sen volver citalos.

Así mesmo, son citados para que o día vintesete de xaneiro próximo, ás dez da mañá, poidan asistir á formación do inventario da herdanza do causante na sala de audiencia do xulgado, baixo apercibimento de que recaerán sobre eles os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para que lles sirva de citación a Pilar Sánchez Salmonte, Jesús, Pilar e Juan Ramón Pérez Sánchez, Adelaida, José e Antonio Pérez Montoiro, todos ausentes en domicilio descoñecido, expídese a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O/A secretario/a

Rubricado

10139