Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: R.B.T. Ameixeiras.
Situación: Crecente.
Descricións técnicas: R.B.T., aérea, de 1.540 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Ameixeiras, concello de Crecente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 1 de decembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
10209