Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Gaita-Mosende.
Situación: concello do Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.658 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110 sobre apoios de formigón, desde a torre metálica n.12 da L.M.T. 3 circuítos Atios-Gaita-cidade universitaria, rematando no apoio n.16 xunto ó C.T. de Piñeiro concello do Porriño.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 1 de decembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
10197