Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 36

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/139-2, 4831 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: R.B.T. en Pumares Amedo e Susa.

Situación: Taboada.

Características técnicas: rede de baixa tensión aérea en Pumares Amedo e Susa en conductor R.Z.-0.6/1kV-3x50-25Al sobre apoios de formigón para mellora do servicio electrico na zona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

10106