Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 35

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/302-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Coruxa.

Situación: O Milladoiro.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,31 km con orixe na L.M.T.S. do C.T. Ruafer (expediente 52857) e final no C.T. Coruxa, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. C.T. de 630 kVA 20.000/380-220 V en rúa Agro do Medio. R.B.T.S. de 0,12 km con orixe no C.T.C. Coruxa, en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9944