Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso para a contratación de servicios dun seguro colectivo de accidentes no mar.

Procedemento aberto por concurso.

1. Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador:

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Edificios administrativos de San Caetano-15704 Santiago de Compostela - A Coruña-España.

Teléfono: (981) 54 40 01.

Telefax: (981) 54 50 06.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida:

Procedemento aberto polo sistema de concurso segundo o disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

b) Contido do contrato obxecto de licitación:

Concurso para a contratación de servicios dun seguro colectivo de accidentes no mar.

3. a) Lugar de execución.

b) Orzamento base de licitación:

Cincocentos sesenta millóns de pesetas (560.000.000 ptas.), distribuídos por anualidades conforme o establecido na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución:

O seguro que se contratará terá unha vixencia que se iniciará ás doce horas do día 20 de febreiro de 1998 e rematará ás 24 horas do día 31 de decembro do ano 2001.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresas de contratistas adxudicataria do contrato:

Constitución da agrupación de empresas en escritura pública.

6. a) Lingua ou linguas nas que debe redactarse:

Galego, español, ou nos restantes idiomas da Comunidade Europea, acompañado de traducción oficial.

b) Enderezo do servicio ó que poden solicita-los pregos de condicións e documentación e información complementaria ó respecto:

Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura; rúa do Sar, 75-15702 Santiago de Compostela-A Coruña-(España)-Telf: (981) 54 63 47, telefax: (981) 54 62 88; así como nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. a) Data límite da recepción das proposicións:

52 días naturais contados a partir da data do envío deste anuncio, que figura no apartado 14.

b) Dirección á que deben mandarse as proposicións:

A indicada no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións e en todas aquelas dos órganos administrativos a que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. De se-lo caso, garantías esixidas:

a) Garantía provisional que deberán presentar os licitadores-artigo 36.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Once millóns duascentas mil pesetas (11.200.000 ptas.), equivalente ó dous por cento (2%) do orzamento base de licitación.

b) Garantía definitiva que deberá presentar o adxudicatario-artigo 37.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Catro por cento (4%) S/ o orzamento de contratación

As devanditas garantías deberán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Prezo e forma de pagamento:

Axustarase ó disposto na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Datos referentes á situación do empresario así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista:

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Apertura de proposicións:

Procederase á apertura das proposicións económicas, en acto público o día 5 de febreiro de mil novecentos noventa e oito ás doce horas na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, da que figura o enderezo no apartado 1 da presente resolución.

12. Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta:

Segundo o disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e demais normativa de aplicación.

13. Información complementaria:

Clasificación (nos supostos nos que legalmente lles sexa esixible as empresas licitadoras): grupo III, subgrupo 8, categoría D.

14. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

2 de decembro de 1997.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1997.

P.D. (13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12-1993)

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

10475