Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.622

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 26 de decembro de 1997 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes de axuda ós gandeiros con animais de razas bovinas autóctonas en perigo de extinción.

A Orde do 21 de abril de 1997 prevé axudas ós propietarios de animais das razas de gando vacún autóctono galego en perigo de extinción que, en colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e de acordo co Plan Integral de Mellora Xenética, teñan como fin consegui-lo fomento, recuperación e fixación das ditas razas.

Na dita orde establécese o prazo de presentación das solicitudes de axudas que, en moitos supostos non se puido cumprir, posto que os gandeiros necesitaban a visita e certificación dos veterinarios dependentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e responsables do programa de conservación e recuperación das razas autóctonas en perigo de extinción.

É preciso, polo tanto, amplia-lo citado prazo e permitirlles a tódolos gandeiros colaboradores que o desexen, o acceso ás axudas previstas na citada Orde do 21 de abril de 1997.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O prazo de presentación de solicitudes das axudas previstas na Orde do 21 de abril de 1997, de protección das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción, de acordo co Plan Integral de Mellora Xenética do Gando Vacún de Galicia (DOG nº 84, do 5 de maio), rematará ós dez días seguintes á data de entrada en vigor da presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1997.

Castor Gago Alvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

9541