Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 5 de decembro de 1997 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Vedra, Folgoso do Courel, Guntín, Outeiro de Rei, Carballeda de Avia, Ramirás, Xunqueira de Espadanedo e Cerdedo.

Polos decretos 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), 140/1997, do 5 de xuño, do 17 de xuño (DOG nº 115, do 17 de xuño), e 302/1997, do 23 de outubro (DOG nº 212, do 3 de novembro), desafectáronse, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Vedra, Folgoso do Courel, Guntín, Outeiro de Rei, Carballeda de Avia, Ramirás, Xunqueira de Espadanedo e Cerdedo.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Urbano. Casa destinada a local social, de planta baixa e piso alto. Ocupa unha superficie de 82 m. Ten anexo un terreo que a circunda destinado a penedal, no sitio de Reverencia, situada no lugar de Sol, parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, municipio de Vedra (A Coruña), que mide 118 m. A edificación está situada no sector centro-oeste do predio. Linda o conxunto: norte, remata en punta e con valo de varios; sur, canal do Sr. Marqués; leste, valado que a cerra de José Canedo Tejo; e oeste, camiño veciñal de Sol á Devesa.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela no tomo 1245, libro 115, folio 218, predio nº 11990, inscrición 3ª.

2. Urbano. Soar edificable no sitio denominado A Roxa, situado na vila e termo municipal de Folgoso do Courel (Lugo), cunha superficie aproximada de 168 m, que linda: norte que é a súa fronte, liña 14 m, estrada de Quiroga a Seoane do Courel; esquerda entrando, cun fondo de 12 m, casa do médico; dereita e fondo, máis terreo de José Antonio Fernández. Sobre este predio construíuse un edificio para sede social, composto de semisoto e plan

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Quiroga no tomo 206, libro 32, folio 225, predio nº 2673, inscrición 3ª.

3. Urbano. Edificio construído sobre un terreo denominado Leiro xunto á casa, sito na marxe esquerda da estrada de Lugo a Santiago de Compostela, da vila e municipio de Guntín (Lugo), que ocupa a totalidade da superficie da parcela de 120 maproximadamente. Consta de dúas plantas, baixa e primeira, destinadas a oficinas e almacén. Linda: norte, liña de 12 m con Germán López; sur, liña de 12 m co resto do predio matriz; leste, liña de 10 m co resto do predio matriz; e oeste, liña 10 m coa estrada de Lugo a Santiago de Compostela.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 689, libro 48, folio 130, predio nº 4102, inscrición 3ª.

4. Rústico. Terreo, Leiro da entrada de Sobrevila, situado na vila e termo municipal de Outeiro de Rei (Lugo), cunha superficie de 385 m, que linda: norte, herdeiros de Manuel Montes; sur, estrada de Madrid á Coruña; leste, herdeiros de Manuel López; e oeste, herdeiros de Montes. Sobre este predio construíuse un edificio que consta de planta baixa de 120 m dedicada a garaxe-almacén, e planta alta de 125 m a oficinas.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 666, libro 49, folio 172, predio nº 3963, inscrición 3ª.

5. Urbano. Edificio que ocupa 88 m, dunha soa planta baixa, construído sobre un soar de 110,5 m de superficie, no sitio ó que lle chaman Seara, preto da rectoral da igrexa de San Miguel de Carballeda, no municipio de Carballeda de Avia (Ourense). Linda: norte, liña de 13 m coa praza Párroco Quiroga; sur, liña de 13 m con máis do predio ó que lle chaman Seara, propiedade da Igrexa; leste, liña de 8,5 m; e oeste, liña de 8,5 m con máis do predio Seara, propiedade da Igrexa, que separa doutra parcela de Benjamín Fernández.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadavia no tomo 479, libro 52, folio 180, finca nº 5987, inscrición 3ª.

6. Urbano. Edificio de planta baixa dedicado a oficinas e almacén, que se asenta sobre un predio de 231 m, da que ocupa 132 m, en Vilar, lugar de Vilavidal, hoxe rúa Coto nº 9, parroquia de Santo Andrés de Penosiños, municipio de Ramirás (Ourense). Linda: norte, camiño, hoxe rúa Coto; sur, Victorino Vidal, hoxe Cristalina Enríquez; leste, José Rodríguez, hoxe chalé de Benito Bandeira; e oeste, José Rodríguez, hoxe chalé de Mercedes Armesto.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Celanova no tomo 623, libro 49, folio 250, predio nº 5573, inscrición 3ª.

7. Urbano. Predio no lugar de Casetas, municipio de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), cunha superficie aproximada de 200 m, linda: norte, estrada nacional Logroño-Vigo, km 536; sur, Manuel Ferreiro González, hoxe Adelino Apolinar; leste,

Manuel Ferreiro González, hoxe Avelino García; e oeste, Domingo González e outros, hoxe Vicente de Dios. Sobre este predio construíuse un edificio de planta baixa e alta que ocupa uns 128 m aproximadamente, dedicado a almacén e oficinas.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Allariz no tomo 256, libro 13, folio 172, predio nº 1795, inscrición 3ª.

8. Urbano. Predio na rúa Estrada de Ourense a Pontevedra, s/n, en Cerdedo (Pontevedra), dunha superficie de 152 m. Linda: norte, liña de 9,5 m, estrada de Ourense a Pontevedra; sur, con iguais metros, valo e herdeiros de Constantino Lorenzo; leste, liña de 16 m de José María Sueiro Lois; oeste, con iguais metros, resto do predio matriz. Sobre este soar construíuse un edificio de dúas plantas que ocupa unha superficie de 72 m, cos mesmos lindeiros arriba sinalados, agás polo fondo ou sur que o fai co resto do predio non edificado.

Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada no tomo 620, libro 39, folio 52, predio nº 3443, inscrición 4ª.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

10496