Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete á información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico de Careón nos concellos de Melide, Toques e Palas de Rei.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter á información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico de Careón, nos concellos de Melide, Toques e Palas de Rei e solicitado pola empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Segundo.-Para os efectos informativos o estudio de efectos ambientais poñerase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

-Delegacións Provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) das provincias da Coruña e Lugo.

-Concello de Melide.

-Concello de Toques.

-Concello de Palas de Rei.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.

Cuarto.-Unha vez finalizado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

10464