Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/110-2, 4801 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. a C.T. de Trasar de Carballedo.

Situación: Carballedo.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV a C.T. de Trasar, cunha lonxitude de 0,614 km, sobre apoios de formigón, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, para mellora do servicio eléctrico na zona de Trasar de Carballedo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 19 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9943