Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cernada.
Situación: Palas de Rei.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,137 km, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 25 kVA, 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV 3x25-95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Cernada, concello de Palas de Rei.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 13 de novembro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9935