Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/108-2, 4799 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vilanova, Sta. Marta e Casas do Río.

Situación: Cervantes.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,066 km a de Vilanova, 0,022 km a de Sta. Marta e 0,136 km. a de Vilarguide, sobre apoios de formigón. Tres centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V o de Vilanova-Vilarguide e 25 kVA o de Sta. Marta. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-0,61/1 kV-2x25 Al; R.Z.-0,6/1 kV-3x25-95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Vilanova, Sta. Marta e Casas do Río, concello de Cervantes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 3 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9934