Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/107-2, 4798 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pedrafita do Cebreiro.

Situación: Pedrafita do Cebreiro.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV a C.T. do Cebreiro, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,266 km, sobre apoios de formigón. Liña de media tensión a C.T. de Fontevedra cunha lonxitude de 0,021 km. Liña subterránea a C.T. do Cebreiro, con conductor R.H.V-12/20 kV-3x95 Al, cunha lonxitude de 0,27 km. Cambio de tensión a C.T. de Fontevedra, C.T. telefónica, C.T.T.V.E. retevisión e C.T. do Cebreiro, para mellora do servicio eléctrico en Pedrafita do Cebreiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 3 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9933